ilustrando mi mundo.....

ilustrando mi mundo.....

sábado, 5 de febrero de 2011

"Identitas" en Cangas do Morrazo

Outra pedra no noso camino...













O colectivo 20º65 comeza a rodar polos distintos recunchos da nosa Galicia. Tras presentarse como grupo de creación artística o pasado Novembro en Santiago, a nosa mostra chega ó Auditorio de Cangas, de donde eu, Paula Cabaleiro son natural, para achegar as nosas obras a todo o que se anime a visitala ata o 26 de Febreiro.


Somos 9 mulleres, sendo colectivo feminino, pero non por iso feminista, que partimos dunha pluralidade latente: procedencias xeográficas distintas(Galicia e España, Portugal, Arxentina), diferentes formacións (belas artes, filosofía, ciencias da educación,etc), somos unha mestura xeneracional...e todo isto constitúe un rico sustrato dende o que xerar proxectos artístico. O arte é o noso punto de converxencia, o noso punto de encontro, donde tamén nos des-encontramos nalgunhas perpectivas, establecendo unha relación dialóxica que da sentido a este colectivo.


Queremos disfrutar do arte...e facer que vos tamén o disfrutedes.




por Paula Cabaleiro, membro fundador do colectivo 20º65

No hay comentarios:

Publicar un comentario