ilustrando mi mundo.....

ilustrando mi mundo.....

sábado, 4 de junio de 2011









Que ves cando me ves?

Exposición colectiva


Despois de séculos e séculos de patriarcado e de exclusión das mulleres dos espazos de , a artista contemporánea reivindica a dimensión cultural da muller, abrindo unha liña de debate, discusión e reflexión crítica. Que ves cando me ves? propón una revisión diverxente das cuestións de xénero, que incumben problemáticas tan diversas como: os dereitos da muller, alcanzados ou aínda incrustados nun proceso utópico de consecución; a contemporánea incorporación da muller ao mundo laboral, a relación dialóxica entre este e o ámbito doméstico; a asimétrica concepción da maternidade e a paternidade; o tratamento da imaxe da muller nos medios de comunicación e nos campos da publicidade e a moda, como así tamén, a analoxía histórica que frecuentemente se debuxou entre a figura feminina e as artes "menores"; a ambigüidade en canto ao xénero ou a transexualidade como transgresión do xénero, etc."


Paula Cabaleiro

Comisaria




Artistas


Paula Cabaleiro
María Meijide
Silvia Capelo
María Move
Nanda Cabaleiro
Renata Otero
Carmen Cabaneiro
Montse Rego
Montse Cea
Sheila Pazos
María Chenut
Tania Pérez Arribas
Basilisa Fiestras
Laura Piñeiro
Carmen Hermo
Beatriz Suárez Saá
Magatzem 909MC
Paz Vicente


Inauguración 10 de Xuño ás 20.30h

Casa das Asociacións, Santiago de Compostela